Saturday 04 de May de 2024

Os nenos e nenas de Preescolar na Casa de Frades celebran unha festa de Entroido


Os nenos e nenas do programa Preescolar na Casa de Frades, que leva a cabo a asociación Antonio Gandoy, celebraron unha Festa de Entroido no multiúsos de Frades. Os meniños disfrutaron dunha pequena festa de Entroido con globos, música e lambonadas, na que estiveron acompañados polos seus pais e nais, así como polo concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro.

Con esta actividade, o Concello de Frades abre o seu programa de Entroido 2016, que tivo continuidade este domingo 7 de febreiro coa gran Festa e Concurso de Disfraces de Frades a partir das 17:00 horas no pavillón polideportivo de Ponte Carreira. Houbo inchables, xogos, obradoiros, música e unha gran chocolatada.